O mércores 23 de outubro tiven o pracer de asistir a unha das actividades do ciclo literario 70minutos.com. Organizárono a Asociación Socio- Pedagóxica Galega e a Deputación da Coruña. Foi na biblioteca Rego da Balsa de Carballo, provincia de A Coruña. Contou coa presenza das poetas Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial. Acompañou tamén o evento a música de Jazz do trío Lois Rivera.
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) e unha coñecida poeta e crítica literaria en lingua galega que destacou tamén pola súa presenza na televisión en espazos culturais. Comezou a súa actividade nos anos 90, sendo algún dos seus poemarios Elevar as palpebras (1994), Delicia e Vivimos no ciclo das Erofanías (ambos de 1998). Ademais, foi secretaria Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Letras de cal, una editorial dedicada a autores noveis. Tamén colabora con diversos medios e codirixiu a revista Valdeleite.
Rosalía Fernandez Rial (Carballo, Muxía, 1988) é ademais de poeta Licenciada en Filoloxía e doutora en Didactica das linguas e expresión drámatica. Bastante coñecida polas suas performances e recitais de poesía. Ten publicado varios poemarios, En clave de Sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena(2012), Ningún amante sabe conducir (2014), Contracción (2016) e Sacar a bailar. Poesía reunida (2016) Tamén publicou o libro de relatos Bonus track (2018). A recesión deste último libro nesta web podedes lela aquí. Ademais de todas estas obras, Rosalía participou en numerosos libros colectivos e publicou o ensaio Aulas sen paredes (2016).
En canto a presentación en si, adiántovos que me encantou. Gustoume tanto a charla entre as poetas coma a virtuosa música de jazz que nos ofreceron una vez rematada a conversa. Entre os temas tratados polas escritoras, son moitos e moi diversos para os 70 minutos que durou. Dende o paso das xeracións poéticas, se é que aínda se pode falar delas con propiedade, ata a importancia do corpo, o feminismo, a literatura coma arte e a necesidade de non renegar do pasado literario. Tamén temas menos literarios, coma a crise económica, a precariedade e a súa influencia nos novos escritores. Falaron ata do Prestixe, o barco que verteu o seu chapapote na costa galega en 2002, e da chegada do euro; demostrando que é a literatura é vida e que a poesía é unha necesidade humana. Rosalía Fernández recitou dun xeito marabilloso e estarrecedor algúns dos seus poemas. Nunca ha escoitara falar en directo e abraioume. Ademais, o inicio do acto, Yolanda Castaño adicou uns minutos a falarnos de novas ferramentas dispoñibles na web da asociación para coñecer a historia da nosa literatura e os que haberá que votar unha ollada con tempo. Podedes ver esta información aquí.
En definitiva, unha conversa moi amena, intensa e interesante sobre poesía e vida con dúas das autoras que máis me soaban do panorama literario galego, pero das que me falta moito por coñecer. Se tedes a oportunidade de asistir a eventos deste tipo non a perdades.